Artistas y modelos
Frank Tashlin, 1955.
109'. DCP. Subt. castelán.
ARTISTS AND MODELS / ARTISTAS Y MODELOS
(Estados Unidos, 1955)
Dirección: Frank Tashlin. Guión: Frank Tashlin, Hal Kanter e Herbert Baker, baseados na obra literaria de Michael Davidson e Norman Lessing, adaptada por Don McGuire. Produción: Paramount. Fotografía: Daniel L. Fapp. Intérpretes: Dean Martin, Jerry Lewis, Shirley MacLaine, Anita Ekberg. Duración: 109 minutos.
Eugene e Rick comparten piso. Rick, debuxante desempregado, ten problemas porque Eugene pasa o día lendo cómics ata o extremo de imaxinar delirantes aventuras nos seus soños en voz alta. Rick comeza a convertilos na base das súas historietas. Na súa mellor película –a primeira colaboración co gran Frank Tashlin (1913-1972), antigo director de cartoons para a Warner, excelente debuxante e ilustrador- o duo Dean Martin-Jerry Lewis comezaba a despedirse (15º dos 17 títulos que farían xuntos). Unha obra chea de enxeño e poderío visual, unha mostra de comicidade con habilidade formal, xogos co off e a elipse, que, de xeito corrosivo, indaga na identidade e as miserias da sociedade do ocio e o consumo, mentres se nutre de intelixente cinefilia. O reparto inclúe a eminentes secundarios como Dorothy Malone e Jack Elam.