ARDE AMOR
Raúl Veiga, 1998.
90´. Entrada gratuíta.
ARDE AMOR
(España, 1998)
Dirección e guión: Raúl Veiga. Produción: Fenda Filmes. Fotografía: Juan Carlos Gómez. Intérpretes: Rosana Pastor, Sergi López, Chete Lera. Duración: 90 minutos.
Unha parella, Lucio e Rosa, pon fin ás súas vidas como consecuencia dun pacto de morte, sen que Ranxel, amigo de Lucio, o poida evitar. A traxedia conmociona a Luís e Modia, anteriores amantes de Rosa e Lucio. Tras moito tempo sen verse, Luís busca a Modia para que lle axude a entender as razóns do tráxico final e descobre que Ranxel acompañara os mortos nos seus derradeiros días.