
Angrois no esquecemento
Emilio Carral e Susana S. Recouso, 2014
70'. Vídeo HD. Entrada de balde.
ANGROIS NO ESQUECEMENTO
(España, 2014)
Dirección e guión: Emilio Carral e Susana S. Recouso. Produción: Lente Diverxente. Duración: 70 minutos.
Máis dun ano despois da traxedia do Alvia 04155 en Angrois, as vivencias persoais e as interrogantes sobre por que descarrilou o tren aquel vinte e catro de xullo seguen no pensamento dos que lles tocou estar alí. Vítimas, familiares, profesionais dos servizos de urxencia e persoas anónimas que colaboraron no rescate son as únicas voces deste documental de testemuñas. Intentan ir superando aquela data, recordando os seus, mentres acusan as institucións de facer todo o posible para deixar Angrois no esquecemento sen esclarecer a verdade. Premio Mestre Mateo ao mellor documental.