
AMAZING JOURNEY: THE STORY OF THE WHO
Paul Crowder e Murray Lerner, 2007.
120´. Vídeo. Subtítulos en castelán.
AMAZING JOURNEY: THE STORY OF THE WHO
(Estados Unidos, 2007)
Dirección: Paul Crowder e Murray Lerner. Guión: Mark Monroe. Produción: Spitfire Pictures. Fotografía: Matteo Passigato. Duración: 120 minutos.
Biografía dun dos grupos pop definitivos con entrevistas cos membros superviventes. Desde os seus inicios como mods afilados ata a súa conversión nun grupo rock potente, pasando pola evolución cara ao pop art e a psicodelia, a influencia da arte destrutivista de Metzger, os éxitos e trompazos, os célebres directos, as óperas rock “Tommy” e “Quadrophenia”, as pelexas entre os membros e a morte de dous dos compoñentes (o malabarista desenfreado da batería Keith Moon e o baixista John Entwistle) ata o regreso con novas cancións vinte anos despois de retirarse. Dirixen o antigo músico Paul Crowder e o director do prestixioso Newport Folk Festival Murray Lerner e inclúe aparicións de Sting e The Edge.