
Alpuxarras
Rafael Toba, 2015
64'. HD. Presentación: R. Toba. Entrada de balde
Alpuxarras
(España, 2015)
Dirección e guión: Rafael Toba. Fotografía: Rodrigo Chico. Narrador (versión española): Roberto Reboiro. Dur: 64'.
Alpuxarras narra a conquista musulmá da Península Ibérica e a posterior reconquista cristiá, ata a expulsión dos mouriscos no século XVII. Centrase na presenza musulmá en Galicia e na colonización forzosa das Alpuxarras por galegos e expóñense as similitudes entre tradicións comúns, hoxe case que esquecidas.
A necesidade política de unificar as identidades destes pobos baixo unha mesma nación foi esluíndo a memoria histórica de España. Unha ollada a Alpuxarras permítenos coñecer un pasado necesario para entender mellor a realidade presente.