ALICE IN HOLLYWOODLAND
Jesús Pérez Miranda, 2004
7´. Vídeo. Entrada gratuíta.
ALICE IN HOLLYWOODLAND
(España, 2004)
Dirección, guión e produción: Jesús Pérez Miranda. Duración: 7 minutos.
Percorrido entre o ensaio, a ficción, a pregnancia surrealista e o proveito da metraxe atopada en torno a dúas películas, Meshes of the afternoon (1943) da cineasta experimental Maya Deren e Mullholland drive (2001) de David Lynch, separadas por 60 anos que buscan continuidade e vínculos a través da montaxe.