AFTER LIFE
Kore-eda, 1998
118´. Subtítulos en galego.
WANDAFURU RAIFU / AFTER LIFE
(Xapón, 1998)
Dirección e guión: Hirokazu Kore-eda. Produción: Engine Film Inc., TV Man Union e Sputnik Productions. Fotografía: Masayoshi Sukita e Yutaka Yamasaki. Intérpretes: Arata, Erika Oda, Susumu Terajima. Duración: 118 minutos.
Premiada nos certames de San Sebastián, Nantes e BAFICI de Bos Aires, unha fábula en torno á articulación dos recordos e a importancia da memoria. Entre o Ceo e a Terra os que acaban de falecer son recibidos por uns guías que lles axudan a examinar as súas sensacións co fin de rememorar os momentos decisivos. Cada un dos mortos debe levar consigo un único recordo para que este sexa plasmado nunha película.