Xéneros mutantes (e II)
Del 10 de enero de 2012 al 29 de febrero de 2012
En colaboración: con Festival Internacional de Cine de Gijón, IVAC-La Filmoteca de Valencia e Filmoteca de Cantabria.
A tradicional separación entre cine de xénero e cine de autor debería desterrarse para sempre. As diferencias canónicas establecidas nos manuais de cine xa non son operativas. En realidade, non o son desde fai moito tempo, pero bastaría co exemplo da serie de películas filmadas nos últimos anos que conforman o ciclo Xéneros mutantes, películas que parecen responder a un único interrogante: como aborda os xéneros clásicos o novo cine de autor? Este é o plantexamento dol ciclo, amosar un grupo de películas contemporáneas que desde o cine independente, cos seus medios, polo tanto, pero tamén desde unha perspectiva inequivocamente autoral atrevense a abordar os xéneros e, en moitos casos, darlles a volta. Caben aquí desde obras firmadas por consagrados veteráns (Kiarostami, Skolimovsky, Hellman) ata novos valores (Dupieux, Katz, Duplass, Reichardt), desde ficcións que conseguen trastocar a nosa visión tradicional dos xéneros (Ossang, Winding Refn) ata documentais que suscitan dudas razonables sobre o seu verdadeiro status (Losier, González Rubio) ou películas que desafían a súa adscripción a un xénero concreto (Lacuesta, Glawogger). O ciclo, que tivo o seu inicio no programa do CGAI nos meses de novembro e decembro de 2011, pode verse tamén como unha mostra dese cine que circula polos festivais internacionais e non chega ás nosas pantallas.
Agradecementos: Cinetic (Estados Unidos), Marine Rechard, Films Boutique (Alemaña), Aida LiPera, Visit Films (Estados Unidos), Natacha Catherine, MK2 (Francia).