Miss Bala
Gerardo Naranjo, 2010.
113’.
MISS BALA
(México, 2010)
Dirección: Gerardo Naranjo. Guión: Gerardo Naranjo e Mauricio Katz. Produción: Canana Films. Fotografía: Matyas Erdely. Intérpretes: Stephanie Sigman, Noé Hernández. Duración: 113 minutos. Laura, unha moza de Tijuana aspirante a raíña da beleza, decide presentarse a un casting na compaña da súa amiga Suzu. O día anterior, Suzu leva a Laura a un clube nocturno no que se produce un cruento tiroteo a cargo dunha banda armada. Laura sobrevive e vai á policía na procura de noticias de Suzu. A policía, cómplice dos autores da matanza, vaina entregar ao xefe da organización criminal. Producida por Gael García Bernal e Diego Luna, distribuida por Fox e presentada en Cannes, unha penetrante e sutil aproximación á violencia organizada que domina parte do México contemporáneo que, con sagacidade estética, prima o esencial renunciando ao espectáculo, á comedia, o gore e os primeiros planos.