Alamar
Pedro González-Rubio, 2009.
73’.
ALAMAR
(México, 2009)
Dirección, guión e fotografía: Pedro González-Rubio. Produción: Mantarraya Producciones e Xkalakarma. Intérpretes: Jorge Machado, Roberta Palombini. Duración: 73 minutos.
Vencedora en Rotterdam 2010, un filme mexicano directo, poético, sinxelo, sensorial, baseado na procura da esencialidade, tomando como obxecto de estudo a vida dos pescadores do Banco Chinchorro, zona de arrecife de coral no estado mexicano de Quintana Roo. A íntima, intensa relación entre un dos pescadores, Jorge, de ascendencia maia e Natan, o seu pequeño fillo de cinco anos, froito da relación cunha muller italiana, Roberta, marca a historia: separados Jorge e Roberta, Natan pronto partirá á Roma para instalarse alí coa súa nai.