Meek’s Cutoff
Kelly Reichardt, 2010.
104´. Presentación a cargo do crítico José Manuel López. Subt. Galego. Entrada gratuíta.
MEEK'S CUTOFF
(Estados Unidos, 2010)
Dirección: Kelly Reichardt. Guión: Jon Raymond. Produción: Evenstar Films, Film Science, Harmony Productions e Primitive Nerd. Fotografía: Christopher Blauvelt. Intérpretes: Michelle Williams, Bruce Greenwood, Will Patton. Duración: 104 minutos.
1845, primeiros días da ruta a Oregón. Unha caravana con tres familias contratou ao guía Stephen Meek para conducilos cara ás montañas Cascade. O camiño, seco e desértico, carente de marcas, expón aos viaxeiros ao frío, a fame e a falta de fe na propia supervivencia. A captura dun indíxena, que puidera ser un bó coñecedor do territorio, levaos a enfrontarse cos seus propios medos e prexuízos. Kelly Reichardt, directora de Old Joy e Wendy y Lucy, producida (de novo) polo tamén cineasta Todd Haynes, refunde ao seu gusto -xunto ao seu colaborador habitual na escritura, o literato Jon Raymond- os feitos históricos da migración a Oregón a mediados do século XIX para ofrecer unha trama envolvente e minimalista máis próxima a Nanook, el esquimal que ao western. Premiada en Venecia e Gijón 2010. Presentada polo crítico galego José Manuel López, membro do Consello de Redacción de "Caimán. Cuadernos de Cine".