Cyrus
Jay e Mark Duplass, 2010.
91’. Subt. Castelán.
CYRUS
(Estados Unidos, 2010)
Dirección e guión: Jay e Mark Duplass. Produción: Scott Free Productions. Fotografía: Jas Shelton. Intérpretes: John C. Reilly, Marisa Tomei, Jonah Hill. Duración: 91 minutos.
John é un home divorciado desde hai sete anos, incapaz de refacer a súa vida desde entón. Disgustado pola inminente voda da súa ex muller, Jamie, John coñece nunha festa a Molly, unha muller fermosa e simpática, coa que pronto empatiza. John descubre que na vida de Molly hai outro home: o seu fillo de 21 anos, Cyrus. E éste non está disposto a compartir á súa nai con John. Traxicomedia que introduce outro conflito emocional, invertindo a potencialidade do triángulo amoroso a través de situacións, personaxes, diálogos e interpretacións sabrosas, adscrita a parte da nova comedia estadounidense e próxima aos postulados do mumblecore.