Cold Weather
Aaron Katz, 2010.
96’. Subt. Galego.
COLD WEATHER
(Estados Unidos, 2010)
Dirección: Aaron Katz. Guión: Aaaron Katz, sobre unha historia de Aaron Katz, Brendan McFadden e Ben Stambler. Produción: Parts and Labor, Parts and Weather e White Buffalo Entertainment. Fotografía: Andrew Reed. Intérpretes: Cris Lankenau, Trieste Kelly Dunn, Raúl Castillo. Duración: 96 minutos.
Un filme de culto xerador dun universo propio. Conto de misterio aparente, descrebe a historia de Doug, un mozo frustrado estudante de Ciencias Forenses en Chicago e lector de libros detectivescos, que regresa a Portland co obxectivo de recuperarse dos seus fracasos. Lonxe de atopar respiro, Doug verase rapidamente envolto nunha espiral de pescudas, pistas e desaparicións (a súa ex moza). Un filme singular que bebe de Conan Doyle e, cheo de atractivo, ubícase por enriba de calquera xénero. Dirixido por Aaaron Katz (Portland, 1981), autor de Dance Party, USA (23006) e o drama romántico Quiet City (2007).