Morrer como un Homem
Joâo Pedro Rodrigues, 2009.
133’. Subt. Galego.
MORRER COMO UN HOMEM
(Portugal, 2009)
Dirección: Joâo Pedro Rodrigues. Guión: Joâo Pedro Rodrigues e Rui Catalâo. Produción: Rosa Filmes. Fotografía: Rui Poças. Intérpretes: Fernando Santos, Alexander David. Duración: 133 minutos.
Tonia ofrece un espectáculo de travestismo nun modesto clube, ao tempo que medita unha operación de cambio de sexo. Malia que o seu show está afianzado e ten ampla experiencia, o seu reinado vese ameazado pola aparición dun transexual máis novo. Por sorte en casa sempre agardan a súa fiel cadela e Rosario, o mozo, un rapaz ao que Tonia tenta afastar definitivamente das drogas. Un día, Tonia recibe a visita inesperada do seu fillo, un militar que non admite os hábitos sexuais da súa nai. O director de Odete gañou o premio principal no BAFICI de Buenos Aires 2010 con esta elexía de ton cru impregnada de liberdade creativa e subversión dos xéneros tradicionais.