Xornadas sobre medidas europeas de fomento do audiovisual

Xornadas sobre medidas europeas de fomento do audiovisual

  • Do 27 xuño ao 28 xuño de 1991

    Centro Galego de Artes da Imaxe. A Coruña

Estas xornadas pretenden dar a coñecer as diversas iniciativas que en Europa se veñen desenvolvendo cara á produción audiovisual. O programa MEDIA, das Comunidades Europeas, e Eurimages, do Consello de Europa, figuran entre as máis salientables. No caso de MEDIA, trátase de toda unha serie de actuacións que afectan aos diversos aspectos da produción audiovisual, desde a formación até a distribución.A información sobre as iniciativas agrupouse conforme ao sector sobre as que traballan. Así, estruturáronse tres bloques: formación, distribución e produción/financiamento.Organización: Centro Galego de Artes da Imaxe e a Asociación de Produtoras de Cine e Vídeo de Galicia, coa colaboración da TVG e da Deputación da Coruña