Seminario de Escritura de Guións en Equipo por Guy Meredith
-
Do 16 decembro ao 1 marzo de 1997
Pazo de Mariñán. Bergondo. A Coru?a
O obxectivo do Seminario é afondar na técnica da escritura de guións para series televisivas de ficción. O Seminario, eminentemente práctico, cubrirá tamén certos aspectos da produción.Os participantes presentaranse en equipos, formados por un produtor, un editor de guións e un guionista.De entre os solicitantes seleccionaranse até doce equipos para participar no Seminario.O Seminario estará dividido en dúas fases, cunha duración de cinco días e medio cada unha. Na primeira fase desenvolverase a idea da serie (personaxes, argumento, etc), mentres que a segunda estará dedicada á crítica, mellora e reescritura do guión. Entre ambas as fases haberá un intervalo de varias semanas, que os equipos utilizarán para escribir o guión ou guións, debendo presentalos para ter acceso á segunda fase.O Seminario está dirixido á produtoras galegas legalmente constituídas. As solicitudes de admisión deberán acompañarse de:
Esta documentación deberá presentarse en español.