Un barco en el jardín
Slocum et moi
- 75 min.
Entre os seus soños de aventuras e unha mirada tenra cara aos seus pais, o novo François pasa da infancia á idade adulta. A comezos dos anos cincuenta, no xardín familiar xunto ao río Marne, Pierre comeza a construción da réplica do Spray, o barco lendario co que Joshua Slocum completou a volta ao mundo en solitario, facéndose famoso en 1895. Nesta aventura embárcanse a súa muller Geneviève e o seu fillo François, que acaba de facer once anos e sente paixón por este proxecto e pola figura referente de Slocum, símbolo de liberdade.
Un barco en el jardín, do animador Jean-François Laguionie (Palma de Ouro en Cannes por Remando a través del Atlántico), estreouse en festivais como Cannes e Annecy. Cun estilo evocador e delicado, inspirado na fotografía de Doisneau, e coa colaboración da guionista Anik Le Ray (Kerity, la casa de los cuentos), a película afonda nos vínculos familiares, nos soños e na transición á vida adulta.
-
Crítica do filme
Fabien Lemercier (Cineuropa)
Tráiler
Versión castelá



