DOCUMENTAL GUERÍN
Do 15 de febreiro de 2002 ao 19 de febreiro de 2002
"Legados do documental" foi o título do curso impartido por José Luis Guerín dentro dos Seminarios e Talleres de Imaxe "Cero en Conducta" organizados polo CGAl en xullo do 2001. A presentación da súa última longametraxe, En construcción (2001), acompañada pola recuperación en copia nova do outra documental da súa filmografía, Innisfree (1990), é unha consecuencia daquel curso: a culminación práctica do xeito de entende-lo documental por parte de José Luis Guerín. En construcción constitúe tamén un dos exemplos máis sorprendentes de unanimidade entre crítica, festivais e resposta positiva por parte do público (insólita se consideramos que estamos a falar dun documental).