Quién lo impide
Candela Recio, Pablo Hoyos
- 220 minutos
Unha chamada para transformarmos a percepción que temos sobre a adolescencia e a mocidade, a daqueles que naceron a comezos do século XXI e atinxiron a maioría de idade en 2020; os que agora parecen culpables de todo á vez que ven minguadas as súas esperanzas. Entre o documental, a ficción e o puro rexistro testemuñal, os adolescentes viven un proceso de traballo inxente, prolongado no tempo, de modo que se amosan tal e como son, mais como poucas veces os vemos ou nos deixan velos: desde a fraxilidade e a emoción, con humor, intelixencia, conviccións e ideas. Goya ao mellor filme documental para esta película de Jonás Trueba, un autor en progresiva madurez, desde Todas las canciones hablan de mí ata a máis recente Tenéis que venir a verla.
- Ano:2021
- Países de produción: España
- Guión: Jonás Trueba
- Fotografía: Jonás Trueba
- Produtora(s): Los Ilusos Films