Video Blues
- 71 minutos
 
Gañadora do VIII Premio Rizoma de Cine, a tamén montadora Emma Tusell dirixe a súa segunda longametraxe, despois de La habitación de Elías (2006). Estamos perante un videoensaio persoal, un retrato de relacións do presente e do pasado, envolveito na estética de vídeos íntimos familiares da década dos 80. Imaxes suxestivas e misteriosas gravadas cunha cámara doméstica a finais dos anos 80. Dúas voces, unha feminina e outra masculina, discuten sobre o seu significado e non parecen poñerse de acordo. Emma repasa a súa historia familiar para tentar reconstruír unhas vidas que aínda son un misterio para ela. Nesta revisión enfrontarase ás pantasmas do seu pasado e fará o espectador cómplice voyeur da súa intimidade. Mais…quen é esa voz que a confronta e por que acabará sendo tan importante nesta historia?
- 
                      Fóra de serie
Video Blues
Versión lingüística:VOFormato:DCPColoquio virtual coa autora. Entrada de balde.
 
- Ano:2019
 - Países de produción: España
 - Guión: Emma Tusell, Laura Sipán
 - Fotografía: Javier Cerdá
 - Montaxe: Emma Tusell, Juan Barrero
 - Produtora(s): Estela Films