
Las Brujas de E'lente
Sabela Arán, Alejandra Bacelar, Isabel Blanco
- 112 minutos
E’lente, o fillo do Demo, destinado a sementar o caos na Terra, foi ripado do colo de seu pai. Divos agochouno entre os mortais, lonxe das gadoupas do mal, para así protexer a súa creación. Mais o Diaño non está só: conta con aliadas na superficie destinadas a buscar o seu fillo perdido. Escravas famentas de medo, devoradoras de almas. Bruxas...
Aínda que todo isto non é máis que a lembranza dun vello conto infantil na memoria de Eva. Logo de dez anos recluída nun internado, lonxe da irmá, a moza regresa ao que unha vez fora o seu fogar para liberala das poutas dos crueis pais de ambas. Eva volve decidida a se encontrar co pasado e ignorar os perigos que agardan por ela, acontecementos que mudarán o seu mundo por completo.
-
FKM 2019. Festival de Cinema Fantástico da Coruña
Las Brujas de E'lente
Presentación. Entrada gratis
- Ano:2018
- Países de produción: España
- Guión: Simón Vázquez
- Fotografía: Raúl Vázquez
- Montaxe: Simón Vázquez
- Produtora(s): Simón Vázquez, Raúl Vázquez, Benigno Vázquez, Gloria López