Aniki-Bóbó
Aniki-Bóbó
Nascimento Fernandez, Fernanda Matos, Horácio Silva, António Santos, António Morais Soares, Feliciano David, Manuel Sousa, António Pereira, Américo Botelho, Rafael Mota, Vital dos Santos
- 71 minutos
*A partir dos 8 anos
No Porto, un grupo de nenos xoga feliz nas beiras do río e nas ruelas da cidade. Axiña xorde unha rivalidade entre Carlitos, un raparigo tímido e soñador, e o Eduardinho, o líder da banda, por conquistar o corazón da rapariga Teresinha. Para conseguir a atención da pequena Carlitos está disposto a calquera cousa, mesmo roubar unha boneca que a ela lle gusta moito. A tensión entre os dous rivais intensifícase...
Primeira longametraxe de Manoel de Oliveira que abre unha porta a toda unha filmografía particularmente rica. Crónica da infancia que, ao ritmo da canción “Aniki-Bóbó”, acompaña un grupo de meniños na súa vida cotiá nos barrios do Porto. Rivalidades, celos, amizades, soños, aventuras, descubertas, xogos, sentimentos que articulan un conmovedor e sincero retrato da infancia.
Proxección no marco do programa pedagóxico CinEd para a educación no cinema europeo dos máis novos.
___
Copia cedida pola Cinemateca Portuguesa.
-
-
Manoel de Oliveira
Douro, Faina Fluvial
Já Se Fabricam Automóveis em Portugal
Famalicão
Aniki-Bóbó
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm.
- Ano:1942
- Países de produción: Portugal
- Guión: Manoel de Oliveira
- Fotografía: António Mendes
- Montaxe: Vieira de Sousa
- Produtora(s): Produções António Lopes Ribeiro