
La vergüenza
Skammen
Liv Ullmann, Max von Sydow, Sigge Fürst, Gunnar Björnstrand, Birgitta Valberg
- 99 minutos
Dous músicos refúxianse nunha illa para escaparen da guerra. Todo parece ir ben ata que uns soldados chegan á illa. Aprésanos e acúsanos de colaborar cos rebeldes. Dirixe a misión un antigo amigo da parella, mais iso semella só empeorar as cousas.
Rodada en plena guerra de Vietnam, hai referencias moi claras a ela, coma o uso do napalm. Bergman fai unha película antimilitarista de impresionante crueza con Ullman e von Sydow de protagonistas, cos que xa contara en La hora del lobo e que dirixirá de novo un ano máis tarde en Pasión. Dalgún xeito, estamos en escenarios distintos mais ante a mesma parella e con conflitos similares, con perigos externos que os minan e desestabilizan o seu foro interno.
-
-
Cineclube Lumière
La vergüenza
- Ano:1968
- Países de produción: Suecia
- Guión: Ingmar Bergman
- Fotografía: Sven Nykvist
- Montaxe: Ulla Ryghe
- Produtora(s): Cinematograph AB, Svensk Filmindustri
-
Crítica de A vergoña en Senses of Cinema
Autoría: Hamish Ford
Sven Nykvist - Mi filmografía junto a Ingmar Bergman
Documental sobre a filmografía do director de fotografía Sven Nykvist xunto a Ingmar Bergman, baseado nas entrevistas concedidas a Peter Ettedgui e publicadas en Cinematography Screencraft. Realización, edición e narración por Javier Ballesteros.