
Joana Biarnés, una entre todos
Jordi Rovira, Óscar Moreno, 2015
72'. Vídeo. Entrada de balde. En colaboración coa Asociación da Prensa da Coruña
Joana Biarnés, una entre todos
(España, 2015)
Dirección e guión: Óscar Moreno e Jordi Rovira. Fotografía: Xavier Baig. Dur.: 72'.
Coouse na suite dos Beatles, enganou a Roman Polanksi, foi fotógrafa de Raphael, escolleu o vestido de Massiel para Eurovisión, Clint Eastwood bicou os seus labios. Foi amiga de Xavier Cugat, Joan Manuel Serrat, a Duquesa de Alba, Fernando Rey, o Cordobés, Lola Flores, Salvador Dalí… Esta é a descoñecida vida e obra de Joana Biarnés, a primeira fotoxornalista española, recuperada grazas ao descubrimento xa no século XXI das impresionantes imaxes coas que a daquela moza fotógrafa inmortalizou os terribles alagamentos do Vallès en 1962.