
Ahora sí, antes no
Hong Sang-soo. 2015
121'. DCP. Subt. Castelán
Jigeumeun matgo geuttaeneun teullida / Ahora sí, antes no
(Corea do Sur, 2015)
Dirección e guión: Hong Sang-soo. Fotografía: Park Hong-yeol. Intérpretes: Jung Jae-young, Kim Min-hee. Dur.: 121'.
“Todos os directores de cine son iguais?”, pregunta alguén na película. A resposta, no que a Hong atinxe, non é outra que “non”. Os encontros e desencontros entre un cineasta que chega a unha cidade para presentar a súa obra e unha pintora local abren a porta a dúas historias posibles do que podería ser esa relación. Son os pequenos detalles –eses que se evidencian ou escapan cando se bebeu máis da conta – os que definirán que a deriva sexa máis doce ou amarga. A conxunción de diálogos superficiais con reflexiones máis fondas é perfecta, e os dous protagonistas fana súa ata o punto de operar máis coma un estándar que coma restrición. Ahora sí, antes no, como pode dicirse de toda a obra de Hong, confórmase de sutís e intelixentes variacións sobre os seus temas de sempre. (Fernando E. Juan Lima, Catálogo Bafici 2016)