Nicky Hamlyn, programa 1
Nicky Hamlyn, (1979-2015)
76'. 16 mm. Entrada de balde
Guesswork. Reino Unido, 16 mm, 1979, 11 min.
Minutiae. Reino Unido, 16 mm, 1990, 1 min.
White Light. Reino Unido, 16 mm, 1996, 22 min.
Panni. Reino Unido, 16 mm, 2005, 3 min.
Object Studies. Reino Unido, 16 mm, 2006, 16 min.
Pro Agri. Reino Unido, 16 mm, 2006, 3 min.
Gasometers Part 3. Reino Unido, 16 mm, 2015, 14 min.
Transits of Venus. Reino Unido, 16 mm, 2004-2012, 6 min.
A luz é o eixo arredor do que vira esta escolla de películas do inglés Nicky Hamlyn, nun intento de resumir en setenta minutos unha andaina que comeza en 1974 e que dá de si máis de corenta filmes e vídeos, ademais dun importante labor como investigador, articulista e editor (recentemente publicou un libro sobre un espírito afín: Kurt Kren). Un grupo de filmes que translocen tamén a formación primeira de Hamlyn como pintor, na súa observación do cotián nas súas máis recónditas cualidades plásticas –luz, sombra, cor, forma, transparencia– unida cos procesos do cine. Isto é, o movemento, a temporalidade e as particularidades do dispositivo de filmación. Desenvolvendo técnicas e modos de rexistro persoais, con especial énfase na montaxe na cámara, a filmación fotograma a fotograma, o time lapse, o encadre e o foco, Hamlyn converte así o que o rodea en materia prima para fabricar unha nova forma de mirar, máis abstracta e pura, nunha obra en que o rigor estrutural e a espontaneidade conviven en feliz e espléndida harmonía.