
Phoenix
Christian Petzold, 2014
98'. DCP. Subt. Castelán
PHOENIX
(Alemaña, 2014)
Dirección: Christian Petzold. Guión: Christian Petzold, Harun Farocki. Intérpretes: Nina Hoss, Ronald Zehrfeld, Nina Kunzendorf, Michael Maertens. Dur.: 98'.
Xuño de 1945. Nelly, unha sobrevivente de Auschwitz, regresa ao seu Berlín natal gravemente ferida, coa cara desfeita, acompañada por Lene, da Axencia Xudía e amiga súa antes da guerra. Pouco tempo despois de pasar por unha traumática operación de reconstrución facial e malia as advertencias da súa amiga, Nelly teima en buscar o seu home Johnny, o amor da súa vida. Toda a familia de Nelly morreu no Holocausto e Johnny está convencido de que a muller tampouco sobreviviu. Nelly consegue atopalo, mais Johnny non a recoñece. Só ve unha muller que lle recorda á súa esposa.