Mimi
Claire Simon, 2002
100´. Vídeo HD. Subt. castelán.
MIMI
(Francia, 2002)
Dirección e guión: Claire Simon. Fotografía: Michel Dunand. Produción: Gémini Films, Maïa Films e Ognon Pictures. Duración: 100 minutos.
Unha filma mentres a outra fala. Claire Simon e Mimi Chiola. Con todo Mimi non é ningunha estrela. Paseando por Niza, con cancións italianas de fondo, convencémonos rapidamente de que toda vida é unha historia e de que toda historia pode ser unha vida. Mimi está consternada porque sente que ela é un pouco todo o mundo e ao mesmo tempo ninguén. Ela é unha narradora chea de modestia e tenrura, un auténtico personaxe de ficción cuxo relato imprevisible expresa un inesgotable desexo de liberdade.