Sinais en curto
VV.AA., 2013/2014.
64'. 1º pase con presentación. Entrada de balde.
Unha escolla dos sinais que seguirmos no panorama cinematográfico galego:
O PROCESO DE ARTAUD
(España, 2011)
Dirección, guión e produción: Ramiro Ledo. Duración: 13 minutos.
"O cineasta toma os fragmentos de La pasión de Juana de Arco de Dreyer onde aparece Artaud e inclúe uns intertítulos que reproducen as discusións da asemblea surrealista do 23 de novembro de 1926, na cal o home de teatro foi excluído do grupo vangardista. Artaud convértese en mártir e André Breton e os seus compañeiros en executores fundamentalistas. O filme de Ledo é un dos exemplos máis intelixentes de apropiación dun clásico da historia do cine". (Javier H. Estrada)
GALICIA 1936-2011. ESTUDOS SOBRE A PELÍCULA DE CARLOS VELO
(España, 2011)
Dirección, guión e produción: Margarita Ledo, Pablo Cayuela e Ramiro Ledo Cordeiro. Duración: 38 minutos.
Serie de tres estudos sobre Galicia (Carlos Velo, 1936), realizados como unha primeira aproximación interpretativa ás bobinas aparecidas en decembro de 2010 con material inédito da película. Segundo Nuria Cubas, "O resultado é unha película que respira o espírito das Misións Pedagóxicas traído ao presente e renovado. Se nas Misións a autoría se esluía no anonimato de cada toma, en Galicia 1936 - 2011... a autoría multiplícase nun achado moi feliz do obxectivo compartido e convértese na expresión de fidelidade cara ao territorio galego, ás persoas que o poboan e o traballan e definitivamente cara ás propias imaxes, valioso testemuño en cru, necesario e finalmente rescatado".
LA IMAGEN ARDE
(España, 2013)
Dirección, guión e produción: Lois Patiño. Duración: 30 minutos.
Lois Patiño volve ao (S8) cunha película envolvida en chamas. "Saber mirar unha imaxe sería, en certo xeito, ser capaz de distinguir aí onde a imaxe arde, aí onde a súa eventual beleza reserva un lugar a un "signo secreto", a unha crise non tranquilizada, a un síntoma. Aí onde a cinza non se arrefriou". (Georges Didi-Huberman)