Todos queremos lo mejor para ella
Mar Coll, 2013.
120'. DCP. Subt. castelán. Entrada de balde.
TOTS VOLEM EL MILLOR PER A ELLA / TODOS QUEREMOS LO MEJOR PARA ELLA
(España, 2013)
Dirección: Mar Coll. Guión: Valentina Viso e Mar Coll. Produción: Escándalo Films SL, ICEC e TV3. Fotografía: Neus Ollé-Soronellas. Intérpretes: Nora Navas, Valeria Bertuccelli. Duración: 120 minutos.
Premios Gaudí á mellor actriz principal (Nora Navas) e á secundaria (Clara Segura), é a segunda longametraxe de Mar Coll, logo da excelente recepción de Tres días con la familia / Tres dies amb la familia (2009). Nova pescuda narrativa nos universos intimistas e familiares –tan propios de certo e talentoso cine español, entre o que sobresae o dos derradeiros anos da ditadura franquista- a través da historia de Geni, unha avogada de posición acomodada que ve crebarse a súa vida cando sofre un accidente de automóbil que muda a súa relación cos outros e consigo propia.