Fatherland
Thomas Heise, 2002
102’. Subt. Galego.
VATERLAND / FATHERLAND
(Alemaña, 2002)
Dirección e guión: Thomas Heise. Produción: ma.ja.de Filmproduktion, MDR e Arte. Fotografía: Peter Badel. Duración: 102 minutos.
En Sajonia-Anhalt, preto da cidade de Zerbst, afastada da estrada nunha pista de aterraxe militar abandonada, está o pobo de Straguth. Un lugar sen importancia. Un lugar perdido no tempo. Ou se cadra adiantado no tempo. O filme retrata os habitantes deste lugar tranquilo no pasado, presente e futuro. Unha viaxe arqueolóxica pola paisaxe, as persoas e os obxectos, vestixios de tempos que mudan e dunha transición. Paisaxes abertas e retratos pormenorizados da xente que vive neles. E, cando se entra ao bar de Otto Nathos, sempre se escoitan comentarios sobre a guerra. O tempo da xuventude.