Earth of people
Artavazd Pelechian, 1966
10´. Vídeo.
MARDANTS YERKIRE / EARTH OF PEOPLE / [A TERRA DOS HOMES]
(URSS, 1966)
Dirección e guión: Artavazd Pelechian. Produción: Yerevan Film Studio, VGIK e Hayk Studio. Duración: 10 min.
Segunda película realizada por Pelechian mentres estudaba no prestixioso Instituto Estatal de Cinematografía da Federación Rusa (VGIK). Imaxes de xigantescas construcións feitas polo ser humano e xente de diversas profesións (doutores, enxeñeiros, obreiros, científicos...) desenvolvendo os seus labores no contexto dunha gran cidade. A película comeza e remata coa famosa escultura de Rodin O Pensador, símbolo da infinita beleza e manifestación do pensamento humano.