
CHINATOWN
Roman Polanski, 1974
131´. Subtítulos en galego.
CHINATOWN
(Estados Unidos, 1974)
Dirección: Roman Polanski. Guión: Robert Towne. Produción: Robert Evans para Paramount Pictures. Fotografía: John A. Alonzo. Intérpretes: Jack Nicholson, Faye Dunaway, John Huston. Duración: 131 minutos.
Los Ángeles, 1937. O detective Jake Gittes é contratado por unha muller para seguir ao seu marido, xefe dunha compañía hidráulica, xa que sospeita que lle é infiel. A trama de corrupción que se deriva presenta un excelente relato trazado sobre espazos abertos que se enmarca aparentemente no cine retro, un rexistro de apelación ao cine clásico que sobrepasa por medio dunha formulación fílmica moderna. Xunto a Polanski, fúndense varios dos heroes do Novo Hollywood, produtor (Robert Evans), guionista (Robert Towne, un libreto tan áxil e substancioso como intricado e sorprendente) e actor (Jack Nicholson), elaborando un axustado retrato dos anos 30 e as loitas oligárquicas, co engadido dun dos dramas familiares máis depravados que un poida imaxinar. Anos máis tarde o trío Nicholson-Evans-Towne resucitou ao personaxe de Gittes en The Two Jakes (1990).