FREUD, PASIÓN SECRETA
John Huston, 1962
140’. Subtítulos en castelán.
FREUD, THE SECRET PASSION / FREUD, PASIÓN SECRETA
(Estados Unidos, 1962)
Dirección: John Huston. Guión: Charles Kaufman, Wolfgang Reinhardt. Produción: Wolfgang Reinhardt para Universal International. Fotografía: Douglas Slocombe. Intérpretes: Montgomery Clift, Susannah York, Larry Parks, Susan Kohner, Eric Portman. Duración: 140 minutos.
En 1885 moitos psicólogos rexeitan tratar casos de histeria, alegando que son mostras de simulacro ou exhibicionismo. Polo contrario, o doutor Sigmund Freud emprega a hipnose para atopar as razóns da súa psicose. Contando coa colaboración do filósofo Jean-Paul Sartre, a biografía fílmica do pai da psicanálise proponse contar antes a evolución das súas teorías aplicadas a pacientes concretos que outras peripecias existenciais. Penúltimo papel de Montgomery Clift.