
Nadie lo sabrá
Ramón Torrado, 1953
81'. Vídeo. Entrada de balde. Presentación do libro "Poética da derrota. A literatura de Wenceslao Fernández Flórez no cine"por Héctor Paz e José Luis Castro de Paz.
NADIE LO SABRÁ
(España, 1953)
Dirección: Ramón Torrado. Guión: Jacques Companéez, Enrique Llovet. Producción: Cesáreo González, Suevia Films. Dur.: 81'.
Nadie lo sabrá (Ramón Torrado, 1953 apoiándose nun guión do francés Jacques Companéez) constitúe unha moi interesante mostra dos procesos de modernización fílmica experimentados polo sainete urbano nos anos cincuenta. Directa, aínda que apocrifamente inspirada na novela de Wenceslao Fernández Flórez El malvado Carabel, publicada en 1931, e interpretada por Fernando Fernán-Gómez (que dirixiría e protagonizaría unha versión da novela só dous anos despois) retrata a triste vida dos técnicos de clase media e presenta humoristicamente o roubo ou o calote como defensa lexítima contra a opresión á que son sometidas as clases populares. O uso dunha moderna e intrusiva voz over narradora vincula de igual modo o filme coas reflexivas innovacións narrativas que as adaptacións fernandezflorezcas comezaran a introducir desde a fin mesma da contenda bélica (El hombre que se quiso matar, Rafael Gil, 1941). (José Luis Castro de Paz)