John Huston (II)
Do 1 de febreiro de 2006 ao 28 de febreiro de 2006
Filmoteca Española, IVAC-La Filmoteca, Donostia Kultura, Filmoteca Vasca, Nosferatu. Revista de cine.
Un repaso á filmografía do director norteamericano John Huston (1906-1987) a través duns vinte títulos entre os que se atopan os máis significativos da súa carreira. Ao longo de máis de corenta anos, entre “El halcón maltés” (1941) e “Dublineses” (1987), John Huston, que antes de dirixir a súa mítica opera prima exercera xa como reputado guionista, asistiu á evolución e transformación do cine americano desde a época dourada do clasicismo até a súa desmembración, superando incluso a profunda crise dos setenta que levou á xubilación ao resto de membros da súa xeración, abordando todos os xéneros e facendo gala dun espírito aventureiro que impregna as súas mellores obras. O ciclo estenderase desde xaneiro até abril e leva aparellado a edición dun número especial da revista Nosferatu.

SÓLO DIOS LO SABE

MOBY DICK

LOS QUE NO PERDONAN
