En tránsito. Berlín-París-Hollywood (II)
Del 1 de abril de 2009 al 30 de abril de 2009
En colaboración co Festival Internacional de Cine de Las Palmas e IVAC-La Filmoteca de Valencia.
O eixe Berlín-París-Hollywood constitúe un dos espazos creativos máis fértiles do cine do século pasado. Este ciclo, coordinado por Carlos Losilla, foxe do historicismo para establecer redes de contacto entre cineastas e películas, lembrando a súa influencia inesgotable: de Ophuls a Lang, de Robert Siodmak a Wenders, o exilio ou o simple tránsito albergaron unha circulación de talentos cinematográficos sen parangón. A partir dos anos vinte, esta circulación de talentos entre Europa Central e Hollywood converteuse nun vaivén incesante con ramificacións históricas e estéticas que aínda se poden rastrexar no cine actual. Herdanzas e filiacións van e veñen ao compás do nazismo e a gran conflagración mundial, pero tamén da guerra fría e as súas consecuencias.
O ciclo e o libro titulados “En tránsito” pretenden, sobre esa diáspora pouco documentada, reescribir e deseñar unha xeografía mínima destes desprazamentos. Inténtase poñer en escena un panorama móbil que permita localizar algúns dos sismos provocados, prestando atención aos autores e películas menos coñecidos.
Agradecementos: Carlos Losilla, Geraldine Higgins, Hollywood Classics (Gran Bretaña), Filmoteca Española, Catherine Gautier, Peter Gassman, Praesens (Alemaña), Catherine Gautier, Sue Jones, Fleur Buckley, British Film Institute (Gran Bretaña), Filmmuseum Berlin-Deutsche Kinemathek (Alemaña).
![CONFESIONES DE UN ESPÍA NAZI CONFESIONES DE UN ESPÍA NAZI](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1586.jpg?itok=lDTRZcuo)
CONFESIONES DE UN ESPÍA NAZI
![LA SÉPTIMA CRUZ LA SÉPTIMA CRUZ](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1587.jpg?itok=ys8Cvxvt)
LA SÉPTIMA CRUZ
![PERDIDO PERDIDO](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1588.jpg?itok=Casne5t1)
PERDIDO
![EL DIABLO VINO DE NOCHE EL DIABLO VINO DE NOCHE](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1589.jpg?itok=IEfG3zFT)
EL DIABLO VINO DE NOCHE
![AMOR QUE MATA AMOR QUE MATA](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1590.jpg?itok=2ROgAFwb)
AMOR QUE MATA
![RELÁMPAGO SOBRE EL AGUA RELÁMPAGO SOBRE EL AGUA](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1591.jpg?itok=OqlCq48D)
RELÁMPAGO SOBRE EL AGUA
![BERLÍN 10/90 BERLÍN 10/90](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1592.jpg?itok=uQ10THgi)
BERLÍN 10/90
![ALLEMAGNE ANNÉE 90 NEUF ZERO ALLEMAGNE ANNÉE 90 NEUF ZERO](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1593.jpg?itok=J5u8o8tX)