
CONFESIONES DE UN ESPÍA NAZI
Anatole Litvak, 1939
104´. Subtítulos en galego.
CONFESSIONS OF A NAZI SPY / CONFESIONES DE UN ESPÍA NAZI
(Estados Unidos, 1939)
Dirección: Anatole Litvak. Guión: John Wexley e Milton Krims, sobre o libro de Leon G. Turrou. Produción: Warner Bros. Fotografía: Sol Polito. Intérpretes: Edward G. Robinson, Francis Lederer, George Sanders. Duración: 104 minutos.
Un doutor alemán viaxa aos Estados Unidos para facer propaganda da causa nazi entre a comunidade de orixe alemá. Un desempregado únese ao seu grupo e dedícase á espionaxe. O axente do FBI Ed Renard será o encargado de capturalo e investigar o círculo de simpatizantes nazis. Preludio dunha revolución non só formal dentro de Hollywood que non puido ser, unha mostra da honestidade de xentes como Litvak.