
RELÁMPAGO SOBRE EL AGUA
Wim Wenders e Nicholas Ray, 1979
91´. Subtítulos en galego
LIGHTNING OVER WATER / NICK´S MOVIE / RELÁMPAGO SOBRE EL AGUA
(Alemaña-Suecia, 1979)
Dirección e guión: Nicholas Ray e Wim Wenders. Produción: Road Movies Filmproduktion, Wim Wenders Produktion e Viking Film. Fotografía: Edward Lachman. Intérpretes: Nicholas Ray, Wim Wenders, Gerry Bamman. Duración: 91 minutos.
Wim Wenders vai visitar o seu admirado cineasta Nicholas Ray. O creador de Johnny Guitar (1953) e Rebelde sin causa (1955) está enfermo terminal de cancro, pero Wenders proponlle a posibilidade de facer unha película xuntos. Retrato dos últimos meses de vida de Ray, unha película con momentos inesquecibles que roza todos os lindes da ética da imaxe e a negociación cos suxeitos filmados, robustecida pola curiosa simbiose de dous creadores de personalidade ben diferente.