
Wim Wenders
Del 16 de septiembre de 1994 al 4 de enero de 1995
A segunda curtametraxe dirixida por Wim Wenders, Same player shoots again (1967), empeza cun plano dividido claramente en dous espacios: á esquerda, un televisor cunha imaxe que parece perderse na nada, sen observador algún que a recolla, como tantas veces ocurrirá na filmografía do alemán; á dereita, unha mesa chea de botellas de cervexa baleiras: unha seca, displicente metáfora do abandono e o tedio, dous dos temas maiores e obsesivos das súas películas posteriores.
A isto segue, sen solución de continuidade, o plano dunha cabina telefónica sen presencio aumana algunha, co auricular colgando, e logo o corpo central do film: un travelling que segue a un tipo, encadrado de cintura para abaixo, que á súa vez fuxe hacia a esqueda do encadre, cunha ametralladora na man, todo isto acompañado por unha música case hitchcockiana, e repetido, virado en cinco cores diferentes. O final, o (fugaz) plano doutro home (¿o mesmo?) no asento traseiro dun coche cun fío de sangue na comisura dos beizos. Leve panorámica hacia a dereita, ata encadrar a ventaniña, pola que acaba atisbándose un panorama desértico.
Aquí temos, pois, como empezamos a dicir, case tódolos elementos que logo se convertirán en habituais no cine de Wenders -a desolación da paisaxe posindustrial, a soedade, a fuxida desesperada-, pero sometidos a un tratamento altamente desdramatizador, escandalosamente elíptico: non sabemos nunca por que ocurre todo iso, nen sequera que é o que sucede con exactitude, como se se tratase dun thriller despoxado dos seus accesorios principais, reducido ós seus signos esenciais, así os escenarios, os obxectos, a música. A narración, a historia corre polas marxes (...): unha diéxese hollywoodense vaciada de todo significado causal, orfa de calquer tipo de continuidade psicolóxica ou argumental, exprimida ata a máis pura ausencia (de persoaxes, de motivacions, de sentido).
Dous anos máis tarde, en outubro de 1969, Wenders publica un apaixoado texto sobre The Tall Men, a bonita película de Raoul Walsh: "A lentitude deste film - afirma-significa: mostrar tódolos acontecementos co máximo de detalles. Cando unha manada atravesa un río, non se ve unicamente ó primeiro animal entrando na auga, senon tamén ó último saíndo dela; vese sobre todo o esforzo que representa o feito de que unha manada de animáis atravese un río" (...).
Tamén nese mesmo ano roda outra curtametraxe, 3 Amerikanische LP's, escrito por Peter Handke, na que unha monocorde voz en off sentencia que a realidade norteamericana debería filmarse en panorámicas, de feito o que xa están facendo metafóricamente algúns grupos de rock da época coas súas cancións: un tema de Credence Clearwater Revival serve de banda sonora a un longo travelling por unha (outra) paisaxe desolada, que finaliza fronte á imaculada pantalla dun cine ó aire libre. Como na reseña de The Tall Men, o importante é a actitude respectuosa do cineasta fronte á realidade, a vontade de reflexalo todo de fronte e sen nengún tipo de manipulación. Algo que Raoul Walsh e o cine clásico americano en xeral, segundo Wenders, non esqueceron nunca á hora de enfrontarse ás cousas e ós seres que filmaban.
No momento no que Wenders comeza facer cine, así, a situación, desde o seu propio punto de vista, parece moi clara: sen dúbida algunha, e como reafirman tódolos xoves cines europeos da época, o esgotamento do modelo narrativo nortecimericano condúceo a unha certa orfandade diexética, á imposibilidade de contar historias ó xeito tradicional -unha sensación que Handke, precisa-mente, reflectirá tamén no ámbito literario: véxase, como exemplo canónico, Carta breve para un longo adeus-, pero á vez ese mesmo calexón sen saída, fielmente debuxado en Same player shoots again, trouxo consigo un novo obxectivo, isto é, a preservación do real, o respecto pola herdanza dos cineastas clásicos americanos no sentido de manter unha mirada limpa, incontaminada, capaz de reflectir o fluír da vida como se se tratase dun grupo de animais atravesando un río.
Toda a primeira parte da filmografía wendersiana - de Summer in the city (1971) a Falsche Bewegung (1975), pasando por Die angst des Torsmanns beim elfmeter (1972) e Alice in den städten (1974)- basearase, dorosamente, neste dilema: como atopar unha nova maneira de contar historias que, tal como fixo o cine americano, saiba manterse fiel á vida; como superar o trauma desa ausencia a través dun novo modelo, un novo estatuto das imaxes que saiba otorgarlles un certo sentido despois da debacle.
Pero é que, ademais, como xa suxería Same player shoots again, tamén os contornos temáticos dos films sufrirán esta tensión extrema. E, como resultado, indo máis alá do estereotipo daquela curta, a confusión propia da cultura alemana da época representarase a si mesma, nestas primeiras películas, a través dunha identificación mítica (...). Perdidos nun país sen identidade, terra de ninguén entre a ocupación ianqui e a búsqueda dun futuro propio, os perxonaxes deste primeiro Wenders sufrirán tamén dunha ausencia e dunha orfandade, a da "patria" entendida como fogar, que os asimilará ó tópico norteamericano do wanderer: se non hai lugar algún ó que ir ou ó que volver, o único que pode facerse é vagar sen rumbo eternamente (...). Pero tamén o vagabundeo necesita un relato, ou algo parecido, no que acomodarse, e é precisamente iso o que o cine de Wenders non poderá dar ós seus personaxes. A ausencia dun modelo vital combinada coa ausencia dun modelo narrativo, así, dará lugar a unha doble imposibilidade: se non hai historias que contar, tampouco poden existir vidas que vivir (...). Os arquetipos do cine americano, deste xeito -o vaqueiro solitario do western, por exemplo-, encontraranse sus-pendidos, no seu traslado a estes primeiros films de Wenders, nun baleiro case metafísico. E o seu acomodo á nova realidade non será en absoluto fácil; o seu único desexo será retornar ó paraíso (da narración, da vida) enchendo buratos, colmando ausencias. (...)
"A busca, a ausencia e a pantasma do cine americano. Outro itinerario de Wim Wenders" (fragmentos)
Carlos Losilla, en Nosferatu nº16

Hasta el fin del mundo

Tokio-Ga

El cielo sobre Berlín

Notebook on Cities and Clothes

RELÁMPAGO SOBRE EL AGUA

El hombre de Chinatown

El estado de las cosas

Paris, Texas

Alicia en las ciudades

Curtas Wim Wenders

Falso movimiento

EN EL CURSO DEL TIEMPO

El amigo americano

¡Tan lejos, tan cerca!

Summer in the City

El miedo del portero ante el penalti
