
LA SÉPTIMA CRUZ
Fred Zinnemann, 1944
110´. Subtítulos en galego.
THE SEVENTH CROSS / LA SÉPTIMA CRUZ
(Estados Unidos, 1944)
Dirección: Fred Zinnemann. Guión: Helen Deutsch, sobre a novela de Anna Seghers. Produción: Loew´s Incorporated, MGM. Fotografía: Karl Freund. Intérpretes: Spencer Tracy, Signe Hasso, Hume Cronyn. Duración: 110 minutos.
Alemaña, 1936. Sete prisioneiros escapan dun campo de concentración. A un captúrano de novo e condénano a morrer crucificado, nun campo onde se plantan seis cruces máis que esperan aos seus compañeiros. Un tras outro, irán caendo en mans dos nazis. Metafórica e intelixente película de suspense con secundarios como Jessica Tandy e Agnes Moorehead e dirección de Fred Zinnemann (Sólo ante el peligro ou De aquí a la eternidad).