
AMOR QUE MATA
Curtis Bernhardt, 1947
108´. Subtítulos en galego.
POSSESSED / AMOR QUE MATA
(Estados Unidos, 1947)
Dirección: Curtis Bernhardt. Guión: Silvia Richards e Ranald MacDougall, sobre unha historia de Rita Weiman. Produción: Warner Bros. Fotografía: Joseph A. Valentine. Intérpretes: Joan Crawford, Van Heflin, Raymond Massey. Duración: 108 minutos.
Louise deambula en estado de alucinación na procura de David. Intérnana nun hospital e alí recordará a súa vida chea de sorpresas. Melodrama con elementos de thriller que engade decisivos e atractivos compoñentes psicanalíticos, ao tempo que está dotado de escenas memorables e unha escenografía eficaz e barroca.