
ALLEMAGNE ANNÉE 90 NEUF ZERO
Jean-Luc Godard, 1991
62´. Subtítulos en galego.
ALLEMAGNE ANNÉE 90 NEUF ZÉRO
(Francia, 1991)
Dirección e guión: Jean-Luc Godard. Produción: Les Films A2 e Production Brainstorm. Fotografía: Stepan Benda, Andreas Erben e Christophe Pollock. Intérpretes: Eddie Constantine, Hanns Zischler. Duración: 62 minutos.
Logo da caída do muro de Berlín, o axente Lemmy Caution, avellentado protagonista de Alphaville (1965), decide volver ao Oeste. Mentres deambula por unha Alemaña en ruínas na súa procura, Caution eríxese en metáfora dunha viaxe errante marcada por encontros e puntuada, como é habitual en Godard, por referencias e citas literarias, artísticas, filosóficas, cinematográficas,…