FÓRA DE SERIE
Del 17 de septiembre de 2013 al 31 de octubre de 2013
Aproveitamos esta sección para a estrea dalgúns dos títulos máis significativos dos últimos tempos, afastados en moitos casos das salas comerciais galegas. Dende a exploración das loitas políticas arxentinas –o microcosmos académico con carácter universal- de El estudiante de Santiago Mitre á apaixonante e engaioladora road-movie turca Érase una vez en Anatolia de Nuri Bilge Ceylan; dende un documental –protagonizado por asasinos reais- que explora o horror da historia contemporánea de Indonesia, The Act of Killing, ao emotivo análise dunha longa relación homosexual de Keep the Lights On de Ira Sachs, pasando por nomes ben coñecidos polos espectadores do CGAI, como Philippe Garrel (Un verano ardiente), o coreano Hong Sang-soo, ao que lle facemos un pequeno foco, ao tempo que estreamos En otro país (2012), ou figuras emerxentes como o mozo canadense Xavier Dolan (Laurence anyways) e o español Jorge Tur (Dime quién era Sanchicorrota).
Por último, un par de modélicas restauracións. Unha feita polo historiador e especialista Luciano Berriatúa para a Filmoteca Española sobre a peza mestra de Orson Welles Chimes at Midnight / Campanadas a medianoche (1965), versión de varias obras de Shakesperare rodada en España e producida por Emiliano Piedra; a outra, realizada pola Filmoteca Española e a Cinémathèque Française, coa colaboración de Filmoteca de Catalunya, sobre o negativo de Les Deux Mémoires / Las dos memorias (1974), o case que invisible achegamento documental do literato, guionista e político Jorge Semprún (1923-2011) á Guerra Civil Española.
Agradecementos: Cristina Bernáldez, Filmoteca Española, Luis E. Parés, herdeiros de Emiliano Piedra, Cinémathèque Française, Filmoteca de Catalunya, Paula Maroño, Jorge Tur, Koldo Lasa, INAAC.
Érase una vez en Anatolia
En otro país
La mujer es el futuro del hombre
Un cuento de cine
The Act of Killing
Keep the Lights On
Un verano ardiente
Chimes at Midnight
Campanadas a medianoche
Las dos memorias
Dime quién era Sanchicorrota
Laurence Anyways