The Act of Killing
Joshua Oppenheimer e Christine Cynn, 2012.
122'. DCP. Subt. castelán.
THE ACT OF KILLING
(Dinamarca-Noruega-Reino Unido, 2012)
Dirección e guión: Joshua Oppenheimer, Christine Cynn & Anónimo. Produción: Final Cut for Real, Arts and Humanities Research Council, Danmarks Radio. Fotografía: Carlos Arango De Montis, Lars Skree e anónimo. Duración: 122 minutos.
O golpe de estado militar de Indonesia en 1965 provocou máis dun millón de asasinatos. Anwar e os seus amigos son promocionados a xefes de escuadróns da morte e o mesmo Anwar en persoa asasina centos de persoas coas súas propias mans. Anwar e os seus compañeiros acceden a conta as súas historias sobre as matanzas. Pero eles queren ser estrelas do celuloide do seu xénero cinematográfico favorito: o cine de gánsters, os westerns, os musicais. Escriben os guións, interprétanse a si mesmos e ás súas vítimas. Un filme insólito, un pesadelo que percorre a memoria dunha época horrible.