
El estudiante
Santiago Mitre, 2011.
111'. DCP.
EL ESTUDIANTE
(Arxentina, 2011)
Dirección e guión: Santiago Mitre. Produción: La Unión de los Ríos e Pasto Cine. Fotografía: Gustavo Biazzi, Soledad Rodríguez, Federico Cantini e Alejo Maglio. Intérpretes: Esteban Lamothe, Romina Paula. Duración: 110 minutos.
Un mozo chegado do interior, Roque Espinosa, vai estudar na universidade en Bos Aires. Pouco interesado nos libros, comeza a relacionarse cunha compañeira de curso de Avellaneda e logo cunha profesora adxunta. Esta última vai introducilo na política universitaria. Roque móvese habilmente neste campo, propagando rumores, agochando probas ou mantendo relacións sexuais cando os seus intereses o requiren. O profesor Azevedo, sabedor disto, decide integralo na súa candidatura ao Rectorado. Premiada en prestixiosos festivais, como BAFICI e Locarno, un dos escasos filmes dos últimos anos que xunta o político e o estético para amosar un mundo de compromiso cheo de perigos (arribismos, traizóns, corruptelas, xogos e sinuosos equilibrios de poder). Un thriller político, trepidante e cheo de ritmo, expresión da polifonía militante e retrato dos mecanismos de construción do poder na súa visión mesmo máis sórdida.