Tristana
Luis Buñuel, 1970.
96’.
Mesa redonda coa presenza do produtor Eduardo Ducay, o presidente da AEHC Julio Pérez Perucha e os socios Manolo González e Héctor Paz. Entrada gratuíta.
TRISTANA
(España-Francia-Italia, 1970)
Dirección: Luis Buñuel. Guión: Luis Buñuel e Julio Alejandro, sobre a novela de Benito Pérez Galdós. Produción: Época Films, Tália Films, Selenia Cinematográfica e Les Films Corona. Fotografía: José F. Aguayo. Intérpretes: Fernando Rey, Catherine Deneuve, Franco Nero. Duración: 96 minutos.
Case dez anos despois da rodaxe de Viridiana, o xenial, sempre perigoso e subversivo Luis Buñuel volvía realizar un filme español, con coprodución de Eduardo Ducay. Adaptación dunha novela epistolar de Galdós, Buñuel achégase ao Toledo dos anos 20 –que coñeceu moi ben persoalmente- para dispoñer un relato con parella marcada pola diferenza de idade (o hidalgo Don Lope e a orfa a quen acolle, Tristana, en plena ditadura de Primo de Rivera) cheo de actores impagables -xunto a uns axustados Fernando Rey e Catherine Deneuve sobresaen Lola Gaos, Antonio Casas, José Calvo ou Sergio Mendizábal- e elementos perturbadores da súa colleita. Nomeamento ao Óscar á mellor película estranxeira e preto de 2 millóns de espectadores nos cines españois.