Off Galicia
Del 10 de enero de 2012 al 29 de febrero de 2012
Vikingland (2011) de Xurxo Chirro, título participante no FIDD de Marsella, un dos festivais de documental máis prestixiosos do mundo, logo presente en certames como Mar del Plata e Xixón, expresa á perfección a riqueza, talento e versatilidade do panorama audiovisual galego actual. Xunto a ela, o repaso da obra de Eva Quintas permite a estrea do seu traballo en Estados Unidos Soap Opera (2011), mentres Antón Dobao nos ofrece a súa adaptación de Álvaro Cunqueiro Sinbad (2011). Dúas homenaxes contribúen a recuperar parte do noso legado. Por unha banda, un proxeccionista recentemente falecido, Benjamín Jartín (Meira, 1926-A Coruña, 2011), cunha mesa redonda como tributo á súa persoa e oficio coa presenza de Pepe Coira, historiador, guionista e produtor, antigo director do CGAI e Alejandro Villodas, restaurador, proxeccionista e director do documental Salón París. 90 anos de sonos (2001). O 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro descubre un patrimonio descoñecido e ata agora impensable, imaxes dunha homenaxe en Buenos Aires con grandes figuras intelectuais e un percorrido polas rutas da súa vida como auténticos reflexos da súa obra.
Agradecementos: Eva Quintas, Xurxo Chirro, Antón Dobao, Lorena Martínez, Ficción Producciones, Raquel Seoane, Pepe Coira, Alejandro Villodas, Iago Martínez.