Sinbad
Antón Dobao, 2011.
93’. Vídeo. Presentación a cargo do seu director. Entrada gratuíta.
SINBAD
(España, 2011)
Dirección e guión: Antón Dobao, sobre a narración de Álvaro Cunqueiro. Produción: Ficción Producciones e TVG. Fotografía: Suso Bello. Intérpretes: Xosé Olveira "Pico", Sara Casasnovas, Mariña Sampedro. Duración: 93 minutos.
Longametraxe gallega que tivo estrea en salas comerciais, unha adaptación da narración homónima de Álvaro Cunqueiro como homenaxe con motivo do centenario do nacemento do literato. Sinbad é un extraordinario fabulador, un home que fai participar aos seus interlocutores das experiencias das súas viaxes pasadas, reais ou imaxinarias. Comparte os seus coñecementos fantásticos cos seus compañeiros diarios de café e dominó na tasca propiedade de Mansur, un viúvo que ten ao seu cargo unha fila, Sara, de entre dez e trece anos. Sinbad mantén con Sara unha relación moi estreita e afectuosa. Gústalle conversar con ela e contarlle historias fantásticas. Acompañaa á escola, ensinalle cousas do mar e das estrelas, comparte con ela os seus mapas, etc. Sara é a mellor receptora de todas as historias de Sinbad.