Mesa redonda homenaxe a Benjamín Jartín. Proxección de Salón París. 90 anos de soños
Alejandro Villodas, 2001. 25´. Vídeo.
Entrada gratuíta.
SALÓN PARÍS. 90 ANOS DE SOÑOS (España, 2001) Dirección, guión e produción: Alejandro Villodas. Duración: 25 minutos. Tras 90 anos de proxecións ininterrumpidas pecha a sala de cine París de Coruña, unha das salas de exhibición mais antigas de España, en novembro de 1999. A través de testemuñas e vivencias dos que alí traballaron, achegámonos á historia desta sala de cine. Homenaxe a Benjamín Jartín, proxeccionista e mestre de proxeccionistas recentemente falecido. Mesa redonda sobre a súa traxectoria coa presenza da viúva de Jartín, Raquel Seoane; Pepe Coira, historiador, produtor e ex director do CGAI e Alejandro Villodas, director da curta, antigo restaurador e proxeccionista do CGAI, bó coñecedor das leccións de Jartín.